Sunday 19 de May de 2024

O Fórum Metropolitano e a Fundación María José Jove acollen o Festival de Monicreques Nadal de 2014


Serán 10 espectáculos que se celebrarán do 26 ao 30 de decembro

O Concello da Coruña informa de que o Fórum Metropolitano e a Fundación María José Jove serán as sedes do Festival de Monicreques Nadal de 2014. Do 26 ao 30 de decembro nenos a partir de 2 anos e os seus pais poderán gozar de 10 espectáculos repartidos nos dous escenarios.
Os espectáculos da Fundación María José Jove comezarán ás 17.00 horas, mentres que os do Fórum Metropolitano empezarán ás 19.00 horas. O prezo da entrada é de
3 euros, coa posibilidade de adquirir un aboamento 3 familiar ao prezo de 6 euros.

PROGRAMA
Venres 26
Fundación María José Jove – Cu cu Tas Tas, Títeres Cachirulo (a partir de 2 anos).
Fórum Metropolitano – Amor de cuentos, Teatro Arbolé (a partir de 3 anos).
Inicialmente estaba programado o espectáculo El patito feo, pero debido á enfermidade dunha das actrices tivo que cancelarse. Todo o que adquirise entradas e non lle interese ir a Amor de cuentos poderá reclamar a devolución destas no mesmo punto onde as adquiriu.
Sábado 27
Fundación María José Jove – El circo de Renato Carolini, Teatro Arbolé (a partir de 2 anos).
Fórum Metropolitano – As fabas máxicas, Caramuxo Teatro (a partir de 4 anos).

Domingo 28
Fundación María José Jove – Martes, Baobab Teatro (a partir de 2 anos).
Fórum Metropolitano – Amadú, Danthea Teatro (a partir de 5 anos).

Luns 29
Fundación María José Jove – Carmela toda la vida, El Retablo Títeres (a partir de 6 anos).
Fórum Metropolitano – Las hadas de la bella durmiente, Disset Teatre (a partir de 3 anos).

Domingo 30
Fundación María José Jove – El carnaval de los animales, Disset Teatre (a partir de 2 anos).
Fórum Metropolitano – Sueño de una noche de verano, El Retablo Títeres (a partir de 6 anos).